Volver ao contido

Día de Europa

O Día de Europa se celebra o 9 de maio en conmemoración e homenaxe á  declaración emitida tal día de maio de 1950, polo Ministro de exteriores francés, Robert Schuman,  que lanzou a idea de integrar todas as nacións europeas, requisito imprescindible para o mantemento de relacións pacíficas, logo da II guerra mundial.

 

No Cumio de Milán de 1985 os xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa". A designación oficial dese día de maio, como Día de Europa, coincidiu co centenario do nacemento de Schuman (1886), que xunto con Jean Monnet, Konrad Adenauer e Alcide De Gasperi son considerados os Pais fundadores da Europa Comunitaria.

 

O 9 de maio converteuse nun símbolo europeo, xunto coa bandeira europea e o himno europeo.