Orientacións Integradas Europa 2020
A Estratexia Europa 2020 apóiase nun conxunto máis reducido de orientacións que substitúen ás 24 anteriores do período 2007-2013 e tratan de maneira coherente os temas relacionados co emprego e coa política económica xeral. As orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros están intimamente ligadas ás orientacións para as políticas económicas dos Estados membros e da Unión que figuran en anexo á Recomendación do Consello, de 13 de xullo de 2010, sobre directrices xerais para as políticas económicas dos Estados membros e da Unión. Xuntas constitúen "as Orientacións Integradas Europa 2020".
Documentos asociados
- Decisión (UE) 2019/1181 do Consello, do 8 de xullo de 2019, relativa ás orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros (DOUE 11.07.2019 L 185)
- Decisión (UE) 2018/1215 do Consello, do 16 de xullo de 2018, relativa ás orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros (DOUE 05.09.2018 L 224)
- Decisión (UE) 2016/1838 do Consello, do 13 de outubro, de 2016 relativa ás orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros en 2016 (DOUE 18.10.2016, L 280)
- Decisión (UE) 2015/1848 do Consello, do 5 de outubro de 2015, relativa ás orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros para 2015 (DOUE 15.10.2015, L 268)
- Recomendación (UE) 2015/1184 do Consello de 14 de xullo de 2015, relativa ás orientacións xerais para as políticas económicas dos Estados membros e da Unión Europea (DOUE 18.7.2015, L 192)
- Decisión do Consello de 6 de maio de 2014 sobre directrices para as políticas de emprego dos Estados membros para 2014 (2014.322.UE). (DOUE 04.06.2014, L 165)
- Decisión do Consello, do 21 de outubro de 2010, relativa as orientacións para as políticas de emprego dos Estados membros (2010.707.UE) (DOUE 24.11.2010, L 308)
- Recomendación do Consello, do 13 de xullo de 2010, sobre directrices xerais para as políticas económicas dos Estados membros e da Unión (2010.410.UE) (DOUE 23.07.2010, L 191)