Xornadas e cursos 07-13
De acordo co establecido nos Plans de comunicación dos POs FEDER e FSE Galicia 2007-2013, as Autoridades de xestión dos programas organizan actividades de formación dirixidas aos órganos xestores, para asesoralos no ámbito de execución do PO, dende facilitarlles a normativa aplicable, os sistemas de control e verificación previa, o seguimento das medidas a desenvolver, etc., ata orientalos nun proceso continuo nas tarefas de xestión dos programas, e comunicarlles tamén as obrigas de publicidade e información que teñen que cumprir para facer máis visible a participación da Unión Europea en Galicia.
Neste apartado pódense consultar os cursos e xornadas realizadas ao longo do período 2007-2013 dirixidos ao persoal do Organismo Intermedio e xestores de Fondos, así como as xornadas de cooperación con outros países e rexións en materia de política rexional comunitaria.