Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013
As Directrices Estratéxicas Comunitarias 2007-2013 constitúen o documento de referencia da Comisión Europea para o novo período de programación, xa que marcan as pautas básicas de actuación para os Estados membros na configuración dunha política de cohesión en apoio do crecemento e do emprego, inspirada á súa vez na Axenda de Lisboa e no Consello de Gotemburgo de 2001.
O presente Programa Operativo, que se elaborou de acordo con estes principios xerais e coa reorientación da política económica comunitaria deseñada pola Xunta de Galicia no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (MECEGA), persegue alcanzar os niveis medios de riqueza e benestar europeos co Obxectivo Global de "Converxer en termos de crecemento e emprego, grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento,". Ao mesmo tempo, este marco asegura a complementariedade con outras formas de intervención comunitaria na Comunidade Autónoma.
Para a consecución deste Obxectivo Global, establécense catro Obxectivos Finais:
- "Impulsar e dinamizar a economía rexional facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar";
- "Incrementar a competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación";
- "Aumentar a cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social" e
- "Reforzar a sinerxía entre crecemento e desenvolvemento sustentable"
No proceso de programación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) interviñeron tanto as distintas Administracións involucradas (Comunitaria, Estatal, Autonómica e Local), como outras institucións e axentes económicos e sociais galegos, definindo unha estratexia integrada de desenvolvemento rexional que dá resposta ás necesidades e potencialidades existentes en Galicia.
O importe total actualizado do Programa ascende a 2.739,4 millóns de euros entre recursos públicos autonómicos, estatais e comunitarios, dos que 2.191,5 millóns corresponden á Axuda comunitaria.
As actuacións que se cofinanciarán co PO FEDER Galicia 2007-2013 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes sete prioridades: Economía do coñecemento; Innovación empresarial; Medio, ámbito natural, recursos hídricos e prevención de riscos; Transporte e enerxía; Desenvolvemento sustentable local e urbano; Infraestruturas sociais; e Asistencia técnica e reforzo da capacidade institucional.
Un elemento importante do Programa é a inclusión dun enfoque de dimensión territorial e demográfica na súa estratexia, dando resposta á realidade xeográfica e socioeconómica do país.
O programa que se presenta detalla, para o período 2007-2013, a articulación das liñas de actuación previstas para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.
- Programación FEDER Galicia 07-13
- Informes de Execución do PO FEDER Galicia 07-13
- Criterios de selección de operacións do PO FEDER Galicia 07-13
- Plan de Comunicación do PO FEDER Galicia 07-13
► Portal Web da Revista Galega de Economía
► Portal Web Informes anuais de programación rexional
da DG de Fondos Europeos do Mº de Facenda
modelo-documentos-asociados
- Avaliación dos principais logros da política de cohesión comunitaria en Galicia no período 1989-2013 (20.09.2013)
- Informe de Sustentabilidade Ambiental do Programa Operativo FEDER Galicia 07-13
- Resolución conxunta da Secretaría Xeral para a prevención da contaminación e o cambio climático do Mº de Medio Ambiente e da Secretaría Xeral de Presupostos e Gastos do Mº de Economía e Facenda sobre a Memoria ambiental do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (maio 2007)
- Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Planificación e Fondos (04.10.2010)
- Plan de Seguimento Estratéxico e Avaliación Continua do FEDER, FSE e FC, 2007-2013 (marzo 2009)
- Avaliación Estratéxica Temática de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes integrada FEDER-FSE (febreiro 2011)
- Tríptico de lanzamento de Obxectivos e Prioridades do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (abril 08)
- Regulamento interno do Comité de Seguimento do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013
- Relación de Indicadores Operativos do Programa Operativo FEDER GA 07-13 (01.09.2009)
- Tríptico de Execución Financeira do Programa Operativo FEDER Galicia 07-13 (ano 2008) (xuño 09)
- Tríptico de Execución Financeira 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (xuño 2010)
- Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (MECEGA) 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 17, núm. extraordinario 2008)
- Execución Financeira da anualidade 2008 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 18, núm. 2. 2009)
- Execución Financeira da anualidade 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 19, núm. 2. 2010)
- O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 20, núm. 2. 2011)
- O acordo de perspectivas financeiras 2007-2013
- Logros e avances do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (ano 2013)