Programa Operativo de Cooperación Territorial Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013
Os 4 programas de Cooperación Territorial Transnacional son:
- Espazo Sudoeste Europeo, onde participan Francia, Portugal, Reino Unido e España (agás Canarias).
- Espazo Mediterráneo, onde participan Italia, Portugal, Reino Unido, Francia, Grecia, Eslovenia, Malta, Chipre e España (Aragón, Cataluña, Baleares, Andalucía, Valencia, Murcia, Ceuta e Melilla), e Suíza.
- Espazo Madeira-Azores-Canarias (Programa ultraperiférico).
- Espazo Atlántico, onde participan Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España (Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco, e tres NUTS III de Andalucía: Cádiz, Huelva e Sevilla).
Galicia participa na Cooperación T. Transnacional 2007-2013, que é cofinanciada polo FEDER, a través de 2 POs: Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste Europeo.
O PO Espazo Atlántico 2007-2013, que supón a cuarta serie consecutiva de programas de cooperación na zona despois da IC INTERREG 90-93, 94-99 e 00-06, promove a cooperación transnacional entre 5 nacións, Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal, abarcando apoio comunitario para 33 NUTS II que son zonas costeiras nos países participantes (56.000.000 habitantes e 594.000 Km²), desde o norte de Escocia ata a recta de Xibraltar.
O obxectivo final que se persegue é consolidar a cooperación existente mediante estruturas tanxibles para lograr resultados operativos, concentrando a cooperación a través dos 4 Eixes de intervención seguintes:
- Eixe 1, Promover a iniciativa empresarial transnacional e as redes de innovación.
- Eixe 2, Protexer e mellorar o medio mariño e costeiro.
- Eixe 3, Mellora da accesibilidade e vínculos internos.
- Eixe 4, Promover as sinerxías transnacionais no desenvolvemento sostible urbano e rexional.
O custo total previsto para o Programa de Cooperación Territorial do Espazo Atlántico Europeo 2007-2013 ascende a 158.798.190 euros. O financiamento do FEDER elévase a 104.051.233 euros, o que corresponde a unha taxa media de Axuda comunitaria do 65,52 %. A España corresponderíalle a cantidade de 20.000.000 euros en Axuda.
modelo-documentos-asociados
- Proxectos aprobados na extensión de remanentes FEDER (convocatoria para proxectos aprobados na 1ª e 2ª convocatoria) do PO de Cooperación Territorial Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013. (Comité de Seguimento de Cardiff, 9-10/07/2013)
- Informe de Sustentabilidade Ambiental do P.O. de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico 07-13 (xaneiro 2007)
- Programa Operativo de Cooperación Territorial Europea Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013 (setembro 2007)
- Proxectos aprobados na 1ª convocatoria do PO de Cooperación Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013 (Comité de Seguimento de Belfast, 4-5/11/08)
- Instrución conxunta da DX de Planificación e Fondos e da DX de Orzamentos relativa a tramitación dos expedientes de pagamento aos beneficiarios dos Programas de Cooperación Territorial 2007-2013 (01/07/2009)
- Proxectos aprobados na 2ª Convocatoria do PO de Cooperación Territorial Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013 (Comité de Seguimento de Santiago de Compostela, 23-24/11/09)
- Proxectos aprobados na 3ª convocatoria do PO de Cooperación Territorial Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013 (Comité de Seguimento de Dublín, 27-28/10/11)
- Proxectos aprobados na 4ª convocatoria do PO de Cooperación Territorial Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013 (Comité de Seguimento de Glasgow, 26/10/13)