Normativa xeral de Planificación e Fondos
- Regulamento (UE) Nº 182/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de febreiro de 2011, polo que establecen as normas e os principios xerais relativos ás modalidades de control por parte dos Estados membros do exercicio das competencias de execución pola Comisión (DOUE 28.02.2011, L 55)
- Decisión da Comisión de 20 de marzo de 2013 relativa á aprobación das directrices sobre o peche dos programas operativos adoptados para recibir axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Fondo Social Europeo e o Fondo de Cohesión 2007-2013. C(2013) 1573 final (20.03.2013)
- Regulamento (UE, Euratom) Nº 966/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2012, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión e polo que se derroga o Regulamento (CE, Euratom) nº 1605/2002 do Consello (DOUE 26.10.2012, L 298)
- Acordo administrativo co Consello de Europa relativo ao uso do emblema europeo por terceiras partes (2012/C 271/04). (DOUE 08.09.2012, C 271)
- Regulamento (UE) nº 1297/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013, polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello no que respecta a determinadas disposicións de xestión financeira para determinados Estados membros que sofren, ou corren o risco de sufrir, graves dificultades na súa estabilidade financeira, ás normas de liberación de compromisos para determinados Estados membros e ás normas relativas aos pagos do saldo final (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Regulamento (UE) nº 1298/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013, polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que respecta á asignación financeira do Fondo Social Europeo para determinados Estados membros (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Decreto 139/2012, do 29 de xuño, polo que se regula a Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios
- Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, de 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e derrógase o Regulamento (CE) nº 1260/1999. Versión consolidada do 21.12.2013.
- Regulamento (UE) Nº 423/2012 do Parlamento Europeo e do Consello de 22 de maio polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 1083/2006 no que se refire a determinadas disposicións relativas aos instrumentos de risco compartido para os Estados membros que sufren, ou corren risco de sufrir, graves dificultades en relación coa súa estabilidade financeira.
- Regulamento (UE) Nº 1310/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 13 de decembro de 2011 polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello no que respecta á axuda reembolsable, a enxeñería financeira e algunhas disposicións relativas á declaración de gastos (DOUE 20.12.2011)