Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) 2007-2013
O Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) ten por obxecto apoiar e axudar ás persoas traballadoras despedidas, como consecuencia dos cambios estruturais importantes nos patróns do comercio mundial en especial nas rexións e sectores desfavorecidos pola apertura á economía globalizada, e apoialos a reintegrarse no mercado laboral. Neste sentido o FEAG pretende estimular o crecemento económico e a creación de emprego na Unión Europea.
O FEAG tal como recolle o acordo interinstitucional do 17 de maio de 2006, conta cunha dotación anual potencial dun máximo de 500 millóns de euros destinada á reinserción laboral de persoas traballadoras.
► Portal Web do Proxecto Empregatex (FEAG)
► Portal Web do Proxecto Empreganav (FEAG)
► Portal Web do Fondo FEAG na UAFSE
(Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social)
► Portal Web do Fondo FEAG na DX de Emprego,
Asuntos Sociais e Inclusión (Comisión Europea)
modelo-documentos-asociados
- Proposta COM(2012) 451 final (09.08.2012) de Decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa á mobilización do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización de conformidade co punto 28 do Acordo Interinstitucional entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión sobre disciplina orzamentaria e boa xestión financeira, do 17 de maio de 2006 (solicitude «EGF/2011/019 ES/Galicia Metal, de España).
- Decisión do Parlamento Europeo e do Consello (2012/683/UE), do 25 de outubro de 2012, relativa á mobilización do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización de conformidade co punto 28 do Acordo Interinstitucional entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión sobre disciplina orzamentaria e boa xestión financeira, do 17 de maio de 2006 (solicitude «EGF/2011/019 ES/Galicia Metal, de España) (DOUE 07.11.2012, L 307).
- Proposta COM(2010) 437 final (20.08.2010) de Decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa á mobilización do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización de conformidade co punto 28 do Acordo Interinstitucional, do 17 de maio de 2006, entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión sobre disciplina orzamentaria e boa xestión financeira (solicitude «FEAG/2010/003 ES/Galicia Téxtiles, procedente de España).
- Corrección de erros do Regulamento (CE) nº 1927/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, polo que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (DOUE 22.02.2008, L 48).
- Regulamento (CE) Nº 1927/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, polo que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Versión consolidada do 02.07.2009.
- Decisión do Parlamento Europeo e do Consello (2010/664/UE), do 20 de outubro de 2010, relativa á mobilización do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización, de conformidade co apartado 28 do Acordo interinstitucional, do 17 de maio de 2006, entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión sobre disciplina orzamentaria e boa xestión financeira (solicitude FEAG/2010/003 ES/Galicia Textís, procedente de España) (DOUE 04.11.2010, L 286).
- Plan de comunicación do Programa FEAG en Galicia 2010-2012
- Regulamento (CE) Nº 546/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009, que modifica o Regulamento (CE) nº 1927/2006, polo que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (DOUE 29.06.2009, L 167).
- Regulamento (CE) Nº 1927/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, polo que se crea o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (DOUE 30.12.2006, L 406).