Marco Comunitario de Apoio 2000-2006
A política rexional da UE foi ampliando os seus obxectivos co paso do tempo, introducindo no ano 2000 a atención a dimensión social, o medio ambiente e o territorio como estratexias destacadas de crecemento a longo prazo.
No período comunitario 2000-2006 mantense o esforzo en materia de cohesión económica e social, actuando principalmente na concentración de fondos e tamén na reformulación dos obxectivos, de maneira que existe unha maior concentración xeográfica e unha redución dos obxectivos, que pasan de 7 a 3. O número de iniciativas comunitarias tamén se reduce de 13 a 4.
Desde a integración de España na Comunidade Europea, avanzouse de xeito apreciable na programación das políticas de desenvolvemento rexional. No caso de Galicia, as primeiras formulacións dos Programas de Desenvolvemento Rexional foron perfeccionando o contido estratéxico das actuacións da Xunta e as súas prioridades.
O Marco Comunitario de Apoio (MCA) 2000-2006 Rexións Obxectivo 1 de España é un documento de programación comunitaria no que se formaliza o compromiso da Unión Europea respecto dos recursos adxudicados a España.
Está constituído principalmente por: As prioridades estratéxicas dos 4 Fondos Estruturais FEDER, FSE, FEOGA-O e IFOP; a distribución dos recursos nos territorios das rexións beneficiarias do Obxectivo 1; e os procedementos de xestión, avaliación, seguimento, control, etc. que se deben aplicar co fin de garantir que o financiamento comunitario se utilice segundo o establecido e coa maior eficacia posible.
Os Eixes prioritarios de intervención no MCA 2000-2006 son 9:
- Competitividade e Tecido Produtivo
- Sociedade do Coñecemento (Innovación, I+D, Sociedade da información)
- Medio, Contorno natural e Recursos hídricos
- Recursos humanos, Emprego e Igualdade de oportunidades
- Desenvolvemento local e urbano
- Redes de transporte e enerxía
- Agricultura e desenvolvemento rural
- Pesca e Acuicultura
- Asistencia Técnica
A estratexia económica para Galicia para este período establécese no documento denominado PLAN ESTRATÉXICO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DE GALICIA 2000-2006 (PEDEGA) e concrétase no Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006 (FEDER, FSE e FEOGA-O) e na parte rexional de Galicia do Programa Operativo de IFOP Rexións Obxectivo 1 de España 2000-2006.
► Informes anuais de execución do POI Galicia 2000-2006
Documentos asociados
- Informe especial Nº 10/2006 (Tribunal de Contas) sobre as avaliacións ex post dos programas dos obxectivos nº 1 e nº 3 para o período 1994-1999 (Fondos Estruturais), acompañado das respostas da Comisión (DOUE 12.12.2006)
- Programa Integrado de Galicia 2000-2006 (FEDER, FSE, FEOGA-O)(xullo 2006)
- Actualización da Avaliación Intermedia do Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006. Informe definitivo. Outubro 2005
- Actualización da Avaliación Intermedia do Programa Operativo do IFOP 2000-2006 para as Rexións Obxectivo n.º 1 de España. Xuño 2005
- Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006 (P.O.I.) (FEDER, FSE, FEOGA-O) actualizado segundo o Complemento de Programa (2004)
- Programa Operativo IFOP 2000-2006 Rexións do obxectivo 1 de España (2004)
- Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia 2000-2006 (PEDEGA) (2001)
- Actuacións de publicidade FEOGA Orientación (2000)
- Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 para as rexións españolas do obxectivo 1(2000)
- Balance da aplicación do FEDER no Marco Comunitario de Apoio, 1994-1999, para as rexións españolas do Obxectivo Nº 1 (2000)