Volver ao contido

Ditames, informes, recomendacións, instrucións e acordos

Informes

Recomendacións

Comunicacións

Instruccións

Acordos

Guías de contratación

Petición de informes

¿Quén pode solicitar o informe?
A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia (en adiante XCCA) emitirá os seus informes por pedimento escrito das secretarías xerais dos departamentos da Xunta ou das presidencias ou direccións dos organismos, entes ou sociedades públicas, dos xerentes das fundacións do sector público, da Intervención Xeral da Comunidades Autónoma, da Asesoría Xurídica Xeral, das presidencias das entidades locais, dos reitorados das universidades públicas e das presidencias das organizacións empresariais afectadas pola contratación administrativa da Comunidade Autónoma.


¿Sobre qué materias informa a XCCA?
A XCCA é competente para informar sobre cuestións de carácter xeral para analizar a normativa reguladora da contratación das administracións públicas.
A solicitude de informe deberá precisar o obxecto da análise xurídica. A tal efecto, é conveniente que nel se expoñan os elementos de reflexión máis significativos.  Deberá acompañar á solicitude a documentación complementaria que se considera adecuada para a comprensión da cuestión exposta.
A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa en ningún caso substituirá nin suplirá as funcións que teñan asignados outros órganos nos seus respectivos ámbitos de competencia. Elo non significa que as consultas formuladas non poidan ter a súa orixe en problemáticas concretas xurdidas en procedementos administrativos de contratación, pero o non ter atribuídas a XCCA funcións para informar o criterio de actuación que debe seguir o órgano de contratación ante un contrato determinado, deberán ser formuladas con caracter xeral.
Tampouco poderanse resolver mediante o informe desta Xunta as controversias xurdidas entre partes.
A Secretaría Xeral da XCCA comprobará a adecuación das solicitudes de informe formuladas segundo o aquí establecido. No caso de solicitudes defectuosas, a Secretaría Xeral advertirá desta circunstancia ao órgano consultante e, en caso de non ser emendadas, evacuará proposta de informe á Comisión Permanente no que se declarará a imposibilidade que este órgano consultivo podase pronunciar sobre a cuestión de fondo exposta.


¿A quén se debe dirixir a solicitude de informe?
A solicitude de informe á XCCA dirixirase o/a Presidente/a á seguinte dirección:
Xunta Consultiva de Contratación Administrativa Consellería de Economía e Facenda Edificio Administrativo San Caetano, 3 15781 Santiago de Compostela

Enderezo

Edificio Administrativo San Caetano, Bloque 3
15781 Santiago de Compostela