Modificación nos Datos Inscritos
As persoas físicas ou xurídicas que se atopen na situación de inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas, están obrigadas a poñer inmediatamente en coñecemento do Rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados:
- Toda alteración substancial, especialmente as que se refiren ó obxecto social ou á personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
- As modificacións que afecten á representación conferida (apoderados, administradores, conselleiros) ou á personalidade do contratista.
- Incorrer en calquera causa de prohibición para contratar coa Administración.
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR
- Solicitude de modificación segundo o modelo normalizado con código de procedemento FA701B, con indicación clara da modificación que se pretende realizar.
- Documentación acreditativa da modificación que se pretenda inscribir no Rexistro Xeral de Contratistas, en particular:
- Cando nunha empresa prodúzanse modificacións formalizadas en escritura pública (cambio de denominación, modificación de capital social, modificación de obxecto social, etc ...) deberá presentarse as escrituras correspondentes inscritas no Rexistro Mercantil.
- Se se quere modificar algunha referencia ao IAE a empresa poderá presentar xustificante de pago do IAE, así como, en calquera momento dar de baixa ou alta todos os epígrafes que crea conveniente, presentado escrito de baixa ou modelo oficial de baixa/alta.
- Se se quere realizar a modificación de apoderados estarase ao seguinte:
- Se desexan incluír a un novo representante:
- Escritura de apoderamento inscrita no Rexistro Mercantil, ou no rexistro que corresponda segundo a súa forma xurídica.
- Verificación da suficiencia da Escritura de apoderamento.
- Declaración do/da apoderado/a de non incorrer en prohibicións para contratar coa Administración, de conformidade co artigo 71 da Lei 9/2017 do 8 de novembro, de contratos do sector público debidamente asinada electronicamente.
- Pode obter o Modelo de declaración: Modelo de declaración responsable art 71 LCSP (Anexo I)
- Para dar de baixa un apoderado:
- Escritura de revogación de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
- Se desexan modificar a denominación ou domicilio social:
- Escritura pola que se efectúa o cambio de denominación/domicilio social.
- Tarxeta de identificación fiscal na que conste o novo domicilio/denominación.
- Verificación da suficiencia de poder, por un letrado/a da Xunta de Galicia, da escritura de apoderamento.
NOTA IMPORTANTE: Deben presentarse copias auténticas das escrituras públicas. Poden expedir copias auténticas os Concellos e as Oficinas de Atención á Cidadanía da Xunta de Galicia. Atopará información sobre como solicitar copias auténticas nesas oficinas da Xunta na seguinte ligazón.
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN NO REXISTRO
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE EN LIÑA
Se toda a documentación tena, segundo indicouse anteriormente, formato electrónico válido, isto é, escrituras e bastanteo do poder en copia electrónica auténtica, certificacións tributarias e da Seguridade Social con código de verificación electrónica (CVE) e declaracións do/a interesado/a con sinatura electrónica pode presentala en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia xunto coa solicitude normalizada do procedemento (FA701B) que atopará na sede electrónica da Xunta de Galicia e que deberá ser debidamente cuberta e asinada electronicamente.
A presentación da documentación realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.
INFORMACIÓN
Rexistro Xeral de contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia
Teléfono: 881 999 057 / 981 545 519.
Correo electrónico: rxccagalicia@conselleriadefacenda.es
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA
