Volver ao contido

Rexistro Xeral de Contratistas: Guía Informativa

Sobre o procedemento de inscripción

Obxecto

O Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia é un instrumento auxiliar da contratación administrativa que ten por obxecto a inscrición dos datos e circunstancias relevantes sobre a capacidade, a solvencia e outras circunstancias relevantes das persoas físicas ou xurídicas que desexen contratar co sector público autonómico e local galego, co fin de axilizar e simplificar os trámites de acreditación documental nos correspondentes procedementos de adxudicación.

A inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia é obrigatoria para a presentación de ofertas a contratos que se liciten polo procedemento aberto simplificado nas súas dúas modalidades, ordinario ou abreviado. Para os demais procedementos, a inscrición no rexistro é voluntaria

 

Onde acudir

Xunta de Galicia 
Consellería de Facenda e Administración Pública 
Xunta Consultiva de Contratación Administrativa 
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio 

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A) 
Teléfonos: 881 999 057 / 881 999 426 
rxccagalicia.facenda@xunta.gal

 

Órgano responsable

Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio 

 

Prazo e códigos de procedemento

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO 

Enderezo

Edificio admisnitrativo de San Caetano, bloque 3, 1ª Planta, 15781 Santiago de Compostela