Transmisión Patrimoniais e AXD
-
V0001-22: Artigo 14. Oito do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame reducido na adquisición dunha vivenda habitual por vítimas de violencia de xénero, por parte dunha persoa beneficiaria dunha orde de protección no ámbito de violencia de xénero vixente ata setembro de 2010. -
CONSULTA V0002-20: Artigo 14. Sete do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame reducido na adquisición de vivendas nas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais no caso de que a adquirente sexa unha empresa dedicada á xestión e explotación de aloxamentos. -
CONSULTA V0006-19: Artigos 16. Cinco e 17. Sete do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación das deducións por transmisións de solo rústico e por agrupacións de predios que conteñan solo rústico se os predios a efectos do Catastro son definidos como rústicos. -
CONSULTA V0005-19: Artigo 14. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas na compra dunha finca na que se pretende construír dita vivenda, e prazo para vender a vivenda actual a efectos de non computar no límite de patrimonio. -
CONSULTA V0004-19: Artigos 14. Cinco, 15. Cinco, 16. Sete e 17. Oito do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar os beneficios fiscais regulados para a adquisición de vivenda habitual por menores de 36 anos na compra dunha finca na que se pretende construír dita vivenda. -
CONSULTA V0004-18: Artigo 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da dedución por transmisións de solo rústico no caso de existir edificacións sobre dito solo. -
CONSULTA V0005-17: Artigo 14. Dous do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual e cumprimento do requisito do límite de patrimonio no caso de tratarse de máis dun adquirente. -
CONSULTA V0004-17: Artigos 14. Dous e 14. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual no caso de tratarse dunha adquisición desmembrada da núa propiedade e do usufruto. -
CONSULTA V0003-17: Artigos 14. Cinco e 15. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual por menores de 36 anos e cumprimento do requisito do límite de patrimonio no caso de tratarse de dous adquirentes e constituír a vivenda habitual para un deles. -
CONSULTA V0002-16: Artigo 17. Seis do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a dedución nas operacións de subrogación e modificación de préstamos e créditos hipotecarios concedidos para o investimento en vivenda habitual, no caso de escritura de novación modificativa de préstamo hipotecario na que se modifica o tipo de xuro, o prazo e o valor de taxación do inmoble hipotecado.