Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

V0003-22: Artigo 14. Sete e 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame para a adquisición de vivendas en parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais, e a dedución regulada para as transmisións de solo rústico, en caso de transmisión dunha vivenda sita nunha finca con dúas referencias catastrais.

V0003-22: Artigo 14. Sete e 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame para a adquisición de vivendas en parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais, e a dedución regulada para as transmisións de solo rústico, en caso de transmisión dunha vivenda sita nunha finca con dúas referencias catastrais

Do escrito de consulta dedúcese que a consultante está interesada na compra dun inmoble sito nunha parroquia que ten a consideración de zona pouco poboada ou área rural, o cal conta con dúas referencias catastrais. Expón a posibilidade de aplicar o tipo do 6% previsto para a adquisición de vivendas nas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais ó predio sobre o que se asenta unha vivenda, e, así mesmo, a dedución do 100% da cota regulada para as transmisións de solo rústico, sobre a outra.


CONSULTA
Como consecuencia do manifestado, a consultante solicita que se indique se é correcta a tributación que expón en aras de formalizar a compra do devandito inmoble.