Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

V0002-22: Artigo 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a dedución regulada para as transmisións de solo rústico en caso de expediente de dominio para a inmatriculación dun predio rústico.

Do escrito de consulta dedúcese que o consultante está levando a cabo os trámites necesarios para a inmatriculación dun predio rústico que carece de dobre título e que non está inscrito no Rexistro da Propiedade, para o cal, terá que realizar un expediente de dominio notarial.

CONSULTA

Solicita coñecer  se pode aplicar ó feíto impoñible derivado do expediente de dominio, a dedución aplicable ás transmisións de solo rústico regulada no artigo 16. Cinco do texto  refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo  Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (TRTCG).