Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

CONSULTA V0005-17: Artigo 14. Dous do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual e cumprimento do requisito do límite de patrimonio no caso de tratarse de máis dun adquirente.

CONSULTA V0005-17: Artigo 14. Dous do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual e cumprimento do requisito do límite de patrimonio no caso de tratarse de máis dun adquirente.

A consultante, nacida o 29.11.1977, adquire coa súa parella, coa que non se atopa casada aínda que si mantén unha relación análoga de afectividade, unha finca urbana pro indivisa por un valor de 128.000 euros. Para dita adquisición non se solicitou ningún préstamo.
O patrimonio individualmente considerado dos dous titulares da finca non supera os 200.000 euros, aínda que si se supera esta cantidade se se suman os patrimonios de ambos suxeitos.


CONSULTA:
A consultante quere saber se ten dereito a aplicar o tipo xeral de gravame do 10% ou o tipo reducido do 8%, expoñendo para iso as seguintes cuestións:

  1. Se ha de considerarse que os dous adquirentes constitúen dúas unidades familiares independentes e, por tanto ten que aplicarse o límite de renda de 200.000 euros para obter a dedución. Así mesmo exponse a dúbida da definición de unidade familiar no caso de que este fora o criterio seguido pola administración tributaria.
  2. Se ha de considerarse que os dous adquirentes constitúen unha única unidade familiar e, por tanto, ao ser dous membros os que integran a unidade familiar aplícaselle o límite de 230.000 euros.
  3. Se, conforme ao establecido no artigo 14.2 parágrafo 3ª son considerados como dous suxeitos independentes que compran a vivenda conxuntamente, posto que en dito parágrafo enúnciase que para o caso de que non se cumpran os requisitos dos parágrafos anteriores. Neste caso xorde a dúbida sobre cales son eses requisitos e sobre se consideramos aos suxeitos individualmente

Documentos asociados