Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD Transmisión Patrimoniais e AXD

Atrás

V0002-25: Artigo 14. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo bonificado de familia numerosa da que ambos proxenitores son titulares, nunha situación de divorcio con custodia compartida

A persoa consultante, que está divorciada, mantén a custodia compartida dos seus tres fillos co outro proxenitor. Ambos proxenitores van adquirir vivenda habitual de segunda man.

A persoa consultante manifesta que o seu límite patrimonial non alcanza os 400.000 euros incluíndo a vivenda que vai adquirir.

CONSULTA
Posibilidade de aplicar o tipo bonificado de familia numerosa da que ambos proxenitores son titulares, nunha situación de divorcio con custodia compartida.