Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0008-16: Artigo 7. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de explotacións agrarias e de elementos afectos mediante pacto sucesorio.

CONSULTA V0008-16: Artigo 7. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de explotacións agrarias e de elementos afectos mediante pacto sucesorio.

O consultante, titular dunha explotación agraria prioritaria, e a súa irmá van recibir mediante pacto sucesorio de apartación inmobles afectos á explotación agraria do consultante. Un dos inmobles ten a consideración de "Solo de núcleo rural" adicado á obtención de cultivos e os restantes son "Solo rústico de protección agropecuaria" ou "Solo rústico de protección forestal". O consultante desexa saber:

  1. Se podería imputárselle unha ganancia patrimonial ao transmitente.
  2. Se o consultante podería beneficiarse da redución por adquisición de elementos afectos a unha explotación agraria no imposto sobre sucesións e doazóns.
  3. Se a redución anterior podería aplicarse á parcela que ten a consideración de "Solo de núcleo rural", estando dedicada á obtención de cultivos para a explotación e declarada nas axudas PAC.
  4. Obrigas para acollerse á redución de elementos afectos a unha explotación agraria.

Documentos asociados