Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0007-16: Artigos 6. Dous e 7. Tres do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación das reducións autonómicas por parentesco e por vivenda habitual no caso de apartación.

CONSULTA V0007-16: Artigos 6. Dous e 7. Tres do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación das reducións autonómicas por parentesco e por vivenda habitual no caso de apartación.

A consultante é filla única. Os seus pais, casados en réxime de gananciais, teñen na actualidade un patrimonio cun valor aproximado de 1.000.000 de euros e desexan transmitir á súa filla, mediante apartación, bens por valor de 40.000 euros cada un, ao amparo da Lei 13/2015, de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

  1. Se a lei vixente á data de falecemento dos seus pais dispón unha redución por parentesco inferior á existente no momento da realización da apartación, a redución a aplicar na liquidación do imposto de sucesións pola herdanza sería 400.000 euros (redución vixente no momento da apartación) ou a vixente no momento do falecemento.
  2. Se debería pagar o imposto unicamente polos 200.000 euros restantes que faltan para recibir a totalidade da herdanza.
  3. Se na liquidación do imposto sobre sucesións a consecuencia do falecemento de seus pais, podería aplicar a redución do 95% correspondentes á vivenda habitual, tendo en conta que a apartación non inclúe a vivenda habitual.

Documentos asociados