Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0002-18: Artigo 7. Tres do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar en máis dunha ocasión a redución por adquisición de vivenda habitual respecto do mesmo causante.

CONSULTA V0002-18: Artigo 7. Tres do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar en máis dunha ocasión a redución por adquisición de vivenda habitual respecto do mesmo causante.

A consultante recibiu por pacto de mellora un inmoble que constituía a vivenda habitual da súa nai. Con posterioridade, a nai trasládase a outra vivenda tamén da súa propiedade e que constitúe a súa nova vivenda habitual.

 


CONSULTA:


A consultante desexa saber se, unha vez aplicada a redución por adquisición de vivenda habitual do causante, regulada no artigo 7.Tres do Decreto lexislativo 1/2011, na autoliquidación do imposto de sucesións que grava o pacto de mellora, se podería volver aplicar no momento do falecemento da nai pola última vivenda habitual que a causante tivese nese momento ou, se polo feito de aplicarse unha vez pérdese ese dereito.

Documentos asociados