Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0001-20: Artigo 7. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Redución por adquisición de fincas rústicas para transmisión posterior, no caso de haber un usufruto vitalicio e universal.

CONSULTA V0001-20: Artigo 7. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Redución por adquisición de fincas rústicas para transmisión posterior, no caso de haber un usufruto vitalicio e universal.

O consultante xunto coa súa irmá e nai, herdaron do seu pai e cónxuxe, a núa propiedade e usufruto, respectivamente, de seis predios rústicos. Os anteditos predios foron arrendados ao titular dunha explotación gandeira radicada en Galicia e que leva exercendo a actividade agraria dende fai máis de dous anos dende a data de arrendamento. O contrato de arrendamento realizouse dentro dos seis meses posteriores ao falecemento do pai do consultante e por un período de duración de 5 anos.

 

CONSULTA
Se o consultante máis a súa irmá poden aplicar a redución autonómica do 99% por adquisición de fincas rústicas para transmisión posterior, habendo un usufruto vitalicio e universal a favor da nai.

Documentos asociados