Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0001-18: Artigo 7. Tres do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a redución por adquisición da vivenda habitual no caso de que o causante, por falta de autonomía persoal, trasladase da súa residencia a un centro especializado ou á vivenda de familiares.

A irmá do consultante tivo que trasladarse da súa vivenda habitual ao domicilio deste último no ano 2008 ao perder a capacidade de valerse por si mesma, tendo recoñecido un grao de minusvalidez do 67% por resolución da Delegación Provincial de Igualdade e Benestar de 07.05.2007.

CONSULTA:

Posibilidade de aplicar a redución por adquisición da vivenda habitual no imposto sobre sucesións á casa na que residía súa irmá ata o ano 2008 e que abandonou pola falta de autonomía persoal e a necesidade de recibir coidados debido á súa minusvalidez, residindo dende entón no domicilio do consultante, que é maior de 65 anos.

Documentos asociados