Volver ao contido

IRPF

CONSULTA V0006-14: Artículo 5. Diez del Decreto legislativo 1/2011. Aplicación de la deducción por inversión en la adquisición de acciones o participaciones sociales en entidades nuevas o de reciente creación, en el caso de una sociedad cooperativa gallega surgida de la transformación de una sociedad limitada ya existente, teniendo la persona adquirente condición de socia trabajadora de dicha entidad.

A consultante forma parte da plantilla dunha sociedade cooperativa galega, xurdida da transformación doutra sociedade limitada. Con motivo de dita transformación a consultante, que xa era empregada da sociedade limitada, adquiriu a condición de socia traballadora da cooperativa, realizando unha aportación económica de 10.000 euros no exercicio 2012.

A xunta xeral da sociedade limitada, acordou transformala nunha sociedade cooperativa galega e dito acordo elevouse a público co outorgamento da correspondente escritura de transformación de sociedade limitada en sociedade cooperativa mixta de traballo asociado.

Interesa coñecer a posibilidade de aplicar a dedución autonómica galega contemplada no artigo 5.Dez do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, á aportación realizada pola consultante para adquirir a súa condición de socia.

En concreto, e considerando adecuadamente cumpridos o resto dos requisitos, plantéxanse dúas consultas:

  • Consulta 1:
    Se o feito de que se trate dunha transformación dunha sociedade limitada xa existente nunha sociedade cooperativa mixta de traballo asociado, sería óbice para o cumprimento dos requisitos de aplicación da dedución.
  • Consulta 2:
    Se a condición de socio traballador sería compatible co requisito mencionado no apartado 1 c) do artigo 5.Dez mencionado, en canto a que non poda existir relación laboral entra a consultante e a entidade.

Documentos asociados