Volver ao contido

IRPF

CONSULTA: V0005-22: Artigo 5. Nove do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación no exercicio de constitución da sociedade ou nos exercicios de desembolso da aportación.

A consultante participou na constitución dunha Sociedade Cooperativa Galega, constituída a finais de 2020, para o cal desembolsou no momento da constitución o 25% da achega obrigatoria, mentres o 75% restante e o 100% da achega voluntaria achegouse en abril de 2021. Informa de que a cooperativa conta cunha traballadora a tempo parcial desde o inicio da actividade e outro traballador a xornada completa desde xullo de 2021.

CONSULTA
Posibilidade de aplicar a dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación, regulada no artigo 5. Nove do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (TRTCG), no exercicio 2020, no exercicio 2021, ou en ambos, de acordo aos desembolsos realizados en cada ano.

Documentos asociados