Volver ao contido

IRPF

CONSULTA V0001-17: Artigo 5. Dous do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de estender a dedución galega por nacemento e adopción de fillos aplicada no primeiro ano aos dous períodos impositivos seguintes ao do nacemento, unha vez que a residencia habitual da contribuínte se traslada fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

A consultante, residente en Galicia ata decembro de 2015, trasladou a súa residencia habitual á Comunidade Autónoma de Canarias no 2016. Na súa declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2015 tributou na Comunidade Autónoma de Galicia e aplicouse a dedución por nacemento ou adopción de fillos prevista no artigo 5.Dous do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado aprobado polo Decreto
Lexislativo 1/2011, de 28 de xullo.

CONSULTA
Posibilidade de estender a dedución galega por nacemento e adopción de fillos aplicada no primeiro ano aos dous periodos impositivos seguintes ao do nacemento, unha vez que a residencia habitual da contribuínte trasladase fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentos asociados