Volver ao contido

Doazóns

CONSULTA V0002-17: Artigo 8. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e de participacións en entidades, en concreto dos requisitos de exercicio de funcións directivas e de mantemento do ben adquirido. (reiteración da consulta V0005-16)

Esta consulta reitera a consulta efectuada o 6 de outubro de 2015 (V0005-16) nos seguintes termos:

  • Que recibindo contestación da consulta tributaria efectuada con relación á transmisión das participacións da empresa Comuca, SL aos meus fillos, onde se me comunicaba que a contestación sobre os puntos 1, 2 e 3 da consulta quedaban fóra das competencias atribuídas a ese centro directivo.
  • Que a pesar de que se trata de imposto cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e que por tanto sería ese centro directivo no que se pronunciaría sobre se a documentación achegada na consulta é suficiente para cumprir ou non os requisitos esixidos, formulouse a consulta á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda, a cal contesta que é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia a contestación á consulta.

CONSULTA

  1. Se o poder notarial dunha das fillas e a modificación do contrato comunicada á oficina de emprego para exercer funcións de dirección é xustificante suficiente para demostrar que é a persoa que exerce a dirección da empresa, para os efectos de acollerse á redución do 99% na doazón das participacións en entidades.
  2. Se para acreditar a maior fonte de ingresos habería que fixarse no último IRPF presentado.
  3. Se os adquirentes das participacións poden acollerse á redución do 99% pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e de participacións en entidades ao cumprir todos os requisitos esixidos.

Documentos asociados