Volver ao contido

Doazóns

CONSULTA V0001-15: Artigo 8. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e de participacións en entidades e compatibilidade coas reducións reguladas na lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns.

O consultante é titular do 18,57% do capital social dunha sociedade mercantil. O resto das participacións pertencen a varios familiares do consultante así como a unha terceira persoa allea ao entorno familiar. A dirección da empresa na calidade de xerente exércea o cónxuxe dunha sobriña do consultante, que posúe o 0,28% das participacións e son administradores solidarios o irmán do consultante e a súa cónxuxe. A sociedade ten por obxecto a promoción, construción e edificación de inmobles dende fai máis de 20 anos.
O consultante, que é maior de 65 anos e ten intención de doar todas as súas participacións sociais, a parte iguais, aos seus 3 sobriños, desexa saber:

  1. Se os donatarios poderán aplicar a redución do imposto sobre sucesións e doazóns prevista no artigo 8.Catro do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
  2. No seu caso, se poderán aplicar a redución do imposto sobre sucesións e doazóns prevista no artigo 20.6 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns.

Documentos asociados