Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

Os orzamentos da Xunta para 2024 incluirán preto de 9.800 millóns de euros para gasto social, o máis alto da historia de Galicia

Os orzamentos da Xunta para 2024 incluirán preto de 9.800 millóns de euros para gasto social, o máis alto da historia de Galicia

  • O Goberno galego reforzará unha vez máis o gasto social tradicional e as políticas de fomento do emprego, tal e como leva facendo exercicio tras exercicio nos últimos anos

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, trasladoulle hoxe ás organizacións sindicais que os orzamentos de 2024 incluirán preto de 9.800 millóns de euros para gasto social, que será o máis alto da historia de Galicia.

Así, a Xunta reforzará un ano máis tanto o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) como o gasto para o fomento do emprego tal e como leva facendo exercicio tras exercicio nos últimos anos.

Como é habitual nestas datas, o titular da Facenda autonómica reuniuse esta mañá cos representantes das organizacións sindicais para falar das principais liñas das contas do vindeiro ano.

Política fiscal
Neste marco, tamén lles explicou que os orzamentos do vindeiro ano consolidarán todas as rebaixas fiscais aprobadas ata o de agora polo Goberno galego e que ademais incluirán novas baixadas de impostos.

Por un lado, unha baixada do 8% ao 3% no imposto de transmisións (ITP) dos vehículos de segunda man e a súa eliminación no caso dos eléctricos cualificados de cero emisións, e a baixada do tipo xeral do ITP (do 9% ao 8%) para a compra de vivenda usada.

 

Declaracións do conselleiro aos medios (mp3)