Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

O Parlamento dá luz verde ao teito de gasto de Galicia para 2024, que ascende a 13.257 millóns de euros

O Parlamento dá luz verde ao teito de gasto de Galicia para 2024, que ascende a 13.257 millóns de euros

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos presentou hoxe na Cámara galega o límite de gasto non financeiro para o vindeiro ano
  • Será a primeira vez en 16 anos que non se recorrerá a novo endebedamento

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe no Parlamento o límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2024, que ascende a 13.257 millóns de euros, e que foi aprobado na Cámara autonómica. 

Galicia disporá o vindeiro ano do teito de gasto non financeiro máis alto da historia da Comunidade, un 5% máis que o orzamento do presente exercicio, o que supón 637 millóns de euros máis.

Este teito está conformado por 13.326M€ de ingresos non financeiros cun axuste negativo de contabilidade nacional de 69 millóns de euros. Ademais, tal e como explicou o conselleiro, será a primeira vez en 16 anos que non se recorrerá a novo endebedamento.