Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

O conselleiro de Facenda e Administración Pública pon en valor a capacidade da industria aseguradora para proporcionar á sociedade unha importante rede de seguridade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública pon en valor a capacidade da industria aseguradora para proporcionar á sociedade unha importante rede de seguridade

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo hoxe en valor a capacidade da industria aseguradora para proporcionar á sociedade unha importante rede de seguridade. 

Durante a entrega dos premios Galicia Segura 2024, da Fundación INADE, o conselleiro incidiu, tamén, en que o compromiso dos Gobernos ten que ser traballar para construír un marco institucional, económico e xurídico estable, que aporte certeza, seguridade e credibilidade, e que contribúa e apoie a actividade económica e o investimento.

Nesta liña, recordou que Galicia conta con esta estabilidade institucional, que se evidencia na aprobación en tempo e forma dos Orzamentos cada ano, na aposta por unha política fiscal previsible e competitiva, e nunha política financeira prudente, que non hipoteque o futuro das novas xeracións.