Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

Máis do 86% das entradas de rexistro na Xunta son por vía electrónica e más de 1.5 millóns de persoas usan Chave365

Máis do 86% das entradas de rexistro na Xunta son por vía electrónica e más de 1.5 millóns de persoas usan Chave365

  • Meteogalicia é o portal web autonómico máis consultado, con más de 2 millóns de visitantes e os portais de turismo suman cerca de 3,5 millóns de persoas usuarias
  • En 2023 aumentáronse as canles dixitais de comunicación coa cidadanía con apps como XuntaEu ou novos portais sobre ciberseguridade, investigación e innovación sobre saúde ou mobilidade, entre outros
  • A aplicación abalarMobil ten máis de 400 mil persoas usuarias activas, con máis de 38 millóns de accesos en 2023
  • As aplicacións para móbiles desenvolvidas pola Xunta acumulan máis de 3,1 millóns de descargas 

 

Santiago, 30 de marzo de 2024.- Case nove de cada dez presentacións no sistema único de rexistro da Xunta de Galicia, máis do 86%, fixéronse en 2023 pola vía electrónica. O número de persoas que teñen entradas no sistema de rexistro en 2023 ascendeu a cerca de 800.000. Ademais, hai máis de 1,5 millóns de persoas que dispoñen e utilizan o sistema de identificación e sinatura electrónica CHAVE365.

Os datos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sinalan tamén que en 2023 recibíronse na Sede electrónica cerca de 1,5 millóns de presentacións de documentación procedente de cerca de medio millón de persoas. A Sede rexistrou 63 mil pagos electrónicos de taxas asociadas á presentación de trámites no rexistro.

Ademais, en 2023 creáronse máis de 800 mil expedientes na carpeta cidadá, correspondentes a 447 procedementos distintos, xestionados por cerca de 60 sistemas de tramitación da Xunta.

As canles de comunicación e relación electrónica da Xunta de Galicia coa cidadanía continuaron aumentando en 2023, con creación de aplicacións para dispositivos móbiles como XuntaEU, que concentra nunha mesma ferramenta os principais servizos administrativos da Xunta. Ao mesmo tempo, publicouse un portal para informar á cidadanía sobre o uso desta aplicación: www.xunta.gal/xuntaeu/que-e.

En 2023 puxéronse en marcha novos portais como a web ciberseguridadegalicia.gal, que ofrece nun mesmo espazo toda a información e servizos sobre seguridade da información; o portal de difusión da Estratexia Galega de Mobilidade; "Elas xeran sector", sobre a presenza feminina no sector forestal e madereiro; PRECISAúde, sobre o Plan de innovación sanitaria; o portal da investigación en saúde de Galicia; ou o novo portal sobre o Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Tamén se renovaron portais como o de Meteogalicia.

Precisamente, o de Meteogalicia é o máis visitado do portais da Xunta, con máis de 2 millóns de persoas usuarias visitantes. Máis de 67 mil persoas descargaron ademais a aplicación deste servizo de información meteorolóxica.

Os portais de turismo foron visitados en 2023 por cerca de 3,5 millóns de persoas en 2023, cun crecemento de máis de 700 mil novos usuarios con respecto ao ano anterior. Cerca de 50.000 persoas accederon ao portal sobre inclusión e capacitación dixital da rede CeMIT e o portal de promoción de produtos pesqueiros deondeson.xunta.gal recibiu unha media de 10.000 visitas mensuais.

A aplicación de educación abalarMóbil rexistrou en 2023 máis de 38 millóns de accesos das 400 mil persoas usuarias activas. Ese ano rexistráronse na aplicación 40 mil persoas.

En total, as aplicacións para dispositivos móbiles da Xunta acumularon máis de 3,1 millóns de descargas, das que cerca de 600 mil corresponden ao ano 2023. As máis descargadas foron abalarMóbil, Mobem (servizos de emprego), Meteogalicia, Transporte Público de Galicia e Camiño de Santiago, ademais de PassCOVID, que foi dada de baixa ese ano.