Competencias
A Xunta Superior de Facenda é competente para coñecer e resolver:
- As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos centrais da Consellería de Facenda ou doutras consellerías e os seus organismos autónomos ou entes relacionados coa xestión, inspección e recadación dos tributos propios da Facenda da Comunidade e, en xeral, de todos os ingresos de dereito público que correspondan a esta, coa exclusión expresa dos tributos cedidos polo estado á Xunta de Galicia e das recargas que se establezan por esta sobre tributos estatais.
- As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos periféricos da Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos, relacionados coas materias relacionadas no parágrafo anterior.
- Dos recursos extraordinarios de revisión promovidos contra os actos firmes ditados polos órganos a que se refiren os apartados anteriores e contra as resolucións firmes do propio tribunal.
- Dos recursos de anulación.
- Da rectificación de erros das súas propias resolucións.
- Do recurso de execución.