Volver ao contido

Compras

Compra de inmoble en Cangas para oficina de emprego

Compra de inmoble en Cangas para oficina de emprego

Obxecto

Compra dun local comercial en planta baixa con nivel de solo rematado á mesma cota da rúa. Caberá a posibilidade de ofertar conxuntamente unha planta baixa e unha primeira planta ou entreplanta sempre que estean comunicadas interiormente. O acceso deberá ser directo dende a vía pública. Núcleo urbano do concello de Cangas (Pontevedra). Superficie mínima de 590 m2 construídos e máxima de 750 m2 construídos.

Data límite de presentación de ofertas económicas

7 de decembro de 2018

Data e lugar de apertura de ofertas económicas

20 de decembro de 2018, 10:00 h, sala de xuntas do edificio Pastoriza 8 de Santiago de Compostela

Lugar de presentación

Rexistro único da Xunta de Galicia ou calquera dos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro

Publicacións

DOG

Medios onde se publicou

DOG do día 16 de outubro de 2018 e diario Faro de Vigo

DOG do día 7 de novembro de 2018 e diario Faro de Vigo

Adxudicacións

Orde do 21 de xaneiro de 2019 pola que se acorda declarar deserto o concurso para a compra dun inmoble no concello de Cangas para oficina de emprego solicitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxecto

Adxudicación do concurso público

Licitadores

Clemente Bernárdez Fonseca.

Gumersinda Estévez Prieto, Josefa Maquieira Carrera, Mª Pilar Maquieira Carrera e Ángela Rodríguez Maquieira.

Pesquera Señal S.L. e familia Lemos Vizcaya