Miguel Corgos López-Prado naceu na Coruña en 1971, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de economía financeira. Ademais conta cun curso de posgrado en auditoría de contas e un Mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade.
Desde o 2001 pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia na especialidade de Intervención-auditoría e na de Inspección e xestión financeira e tributaria.
Ata a data exercía como director Xeral de Planificación e Orzamentos na Consellería de Facenda e Administración Pública. Anteriormente, foi subdirector Xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e subdirector Xeral de Control Presupostario de Gasto na Dirección Xeral de Orzamentos.