Volver ao contido

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Presentación

A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio é o órgano encargado de realizar as funcións propias de estudo e documentación da Consellería, de xestionar os servizos comúns dela e prestar asistencia técnica e administrativa á persoa titular da consellería.   Ademais, asume as competencias que a normativa reguladora do patrimonio da Comunidade autónoma lle atribúe á Consellería.

Gráfica da estrutura

Competencias:

  • As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 do outubro, así como o exercicio daquelas que lle sexan delegadas pola persoa titular da Consellería.
  • A presidencia da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no Decreto 237/2007, do 5 de decembro, polo que se crea a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a súa composición e funcións.
  • A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.
  • A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratos da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 198/1995, do 16 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Contratos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As competencias que as normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma e sobre sucesión intestada lle asignen, e todas aquelas que as mesmas normas lle atribúen á Consellería de Facenda e Administración Pública.


 

Edificios administrativos – San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 51 52

981 54 51 56

Enderezo electrónico
Correo da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

David  Cabañó Fernández
Secretario Xeral Técnico e do Tesouro

Mª Jesús  Ferro Magariños
Secretaria da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

981 54 51 54

981 54 41 25

Jacobo  Vidal García
Secretario da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

981 54 51 53

981 54 41 25