Informe e elaboración das propostas para o exercicio das facultades que se lle atribúen á Consellería de Facenda e Administración Pública nos artigos 88 e seguintes da vixente Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co patrimonio empresarial da Comunidade Autónoma.
Informe sobre as propostas de viabilidade económico-financeira na creación e disolución das sociedades mercantís públicas autonómicas, na procura da adopción de medidas tendentes á racionalización do sector público, sen prexuízo das competencias que lle corresponden a outros centros directivos da Consellería.
Proposta de informe nas operacións do tráfico xurídico das propiedades incorporais da Comunidade Autónoma, tal e como se dispón na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para os asuntos concernentes aos ditos bens.
Proposta de informe para todos aqueles actos que leven contido económico-patrimonial, en particular a creación, aprobación de estatutos, a súa modificación e a extinción de todas as entidades instrumentais do sector público autonómico no marco da Lei 16/2010, do 17 de decembro, reguladora da organización e o funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Elaboración de propostas para a designación dos representantes da Administración autonómica nas sociedades mercantís, control da publicidade da actividade societaria na internet, así como a supervisión da súa actividade, sen prexuízo da tutela funcional por outro órgano directivo ou entidade da Administración autonómica.
Implantación dun sistema de captación da información centralizada que permita levar a cabo un adecuado seguimento da xestión do sector público autonómico galego, en coordinación coa Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
Calquera outra que lle sexa encomendada en relación coas materias que lle son propias.