Competencias:
Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan xeral de contabilidade pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elaborar os plans parciais ou especiais conforme o dito plan.
- Organizar a contabilidade en cantos centros, servizos e dependencias sexa necesario.
- Preparar as instrucións e normas contables que en materia de contabilidade pública lle corresponda emitir á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
- Realizar as actuacións preparatorias para promover o exercicio da potestade regulamentaria de acordo co disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
- Definir a configuración do sistema de información contable e dos seus sistemas auxiliares, e correspóndelle o deseño, desenvolvemento e dirección da implantación das evolucións do sistema e de novas funcionalidades, módulos ou subsistemas relacionados con este.
- Velar polo correcto funcionamento do sistema de información contable realizando para estes efectos todas as actuacións que sexan precisas.
- Contabilizar todas aquelas operacións que, dada a súa natureza específica, non teñan que ser rexistradas nalgunha das oficinas contables que conforman a organización contable da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A explotación do sistema de información contable, a concesión de autorizacións para o seu uso, así como o establecemento e a modificación das táboas do sistema.
- Agregar e integrar a información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.
- Preparar e examinar a conta xeral da Comunidade Autónoma, así como preparar as contas anuais da Administración xeral da Xunta de Galicia.
- Requirir as contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.
- Preparar a documentación contable que, con carácter periódico, teña que remitirse ao Parlamento de Galicia, así como aquela que teña que publicarse no Diario Oficial de Galicia.
- Preparar a documentación contable que deba remitirse á Administración do Estado en cumprimento da normativa vixente en materia de estabilidade orzamentaria. Así mesmo, correspóndelle centralizar e solicitar dos departamentos que corresponda toda a documentación necesaria que se deba proporcionar a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento desta normativa.
- Asesorar e propor a emisión de informes e ditames en materia contable, en todo o que lle corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma como centro directivo da contabilidade pública de Galicia.
- Preparar a documentación contable que, con carácter non periódico, deba elaborar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como aquela que precisen os órganos de dirección da Xunta de Galicia.
- Realizar as actuacións necesarias para manter actualizado o inventario de entes integrantes da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento dos acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira do 10 de abril de 2003. Para estes efectos, solicitará das entidades e departamentos afectados toda a información e documentación que precise.
- Elaborar a información estatístico-contable que emita o centro.
- Aqueloutras funcións que, en relación coa anotación, rexistro e tratamento das operacións de natureza contable e, en xeral, da información de carácter económico-financeiro, lle sexan atribuídas polo/a interventor/a xeral da Comunidade Autónoma.
Germán Ferreiro Vilariño
Subdirector xeral
981 54 41 80