Competencias:
- Estudo e desenvolvemento dos traballos previos precisos para a elaboración dos programas de traballo que se utilizarán nas auditorías de actuacións cofinanciadas cos fondos europeos da pesca.
- Coordinación dos traballos de auditoría das actuacións cofinanciadas cos fondos europeos da pesca que realicen outras unidades da Intervención Xeral.
- Revisión dos informes emitidos como resultado das auditorías das actuacións cofinanciadas cos fondos europeos da pesca.
- Realizar os traballos necesarios para o adecuado seguimento dos resultados das auditorías dos fondos europeos da pesca.
- Realizar calquera outra función que, en relación coa auditoría das actuacións cofinanciadas cos fondos europeos da pesca, se lle encomenden.
Enrique Joaquín Solórzano González
Xefe/a do servizo
981 54 41 68