Descrición das competencias
Adscríbense á Consellería de Facenda e Administración Púbica as seguintes entidades:
- Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo que se axustará, en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento, ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e ás normas que a desenvolven.
- Escola Galega de Administración Pública (Egap), organismo autópnomo, creado pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública.
- Axencia Tributaria de Galicia, axencia pública autonómica creada polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro.
- Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.
- Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal), órgano administrativo colexiado e especializado, adscrito á consellería competente en materia de facenda.