Volver ao contido

Subdirección Xeral de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios
    • Servizo de Xestión do FSE Rexional
    • Servizo de Outros Programas Comunitarios

Descrición das competencias

En relación cos programas operativos do FSE e de Cooperación Territorial en que a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos actúe como autoridade de xestión, organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente:

  • O exercicio das funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen ás autoridades de xestión, organismos intermedios, organismos coordinadores ou organismos equivalentes, excepto aquelas que desenvolverán os servizos transversais dependentes directamente da Dirección Xeral.
  • A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizarse con carácter previo á aprobación dos programas operativos.
  • A coordinación das auditorías desenvolvidas ou das peticións de información realizadas por institucións comunitarias, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma ou por outros órganos de control.

En relación cos programas europeos relativos aos fondos pesqueiros en que así se determine, exercer as funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen aos organismos intermedios da autoridade de certificación.

 

O seguimento dos programas operativos cofinanciados co FSE ou con fondos sectoriais desenvolvidos no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma en que a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos non actúe como autoridade de xestión, organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente, así como dos proxectos europeos cofinanciados co FSE ou con fondos sectoriais en que organismos xestores da Comunidade Autónoma teñan a condición de beneficiarios.
 

Mª Mar  Estévez Mosquera
Subdirector/a Xeral

881 99 52 28