A realización e dirección de estudos e traballos conducentes á planificación, elaboración, seguimento, actualización e instrumentación da programación económica a medio prazo.
A análise dos plans sectoriais e dos presupostos das administracións públicas en relación coa programación económica da Xunta de Galicia, así como a coordinación do réxime de axudas públicas.
A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores das intervencións comunitarias.
A coordinación e a análise de estudos referentes á conxuntura económica e a elaboración de previsións sobre o comportamento da economía galega.
A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e o seguimento da planificación anual e plurianual da Xunta de Galicia.
A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos-programa aprobados pola dita comisión.
As relacións técnicas de cooperación e seguimento dos traballos do Consello Económico e Social de Galicia e doutros organismos públicos.
Substituír o/a director/a xeneral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.