Competencias:
- Estudo e formulación dos obxectivos de política orzamentaria, así como elaboración de criterios para a súa aplicación, en coordinación coa Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria.
- Elaborará o orzamento básico con base nas previsións dos escenarios financeiros de cada exercicio.
- Elaborará a normativa e as instrucións que deberán orientar a elaboración anual dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, así como os estados numéricos do anteproxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
- Establecerá a programación plurianual dos programas de gastos e emitirá informe sobre as súas modificacións e o axuste dos compromisos plurianuais de gasto á dita programación.
- Realizará a análise da procedencia e oportunidade das modificacións de crédito propostas e o informe das súas repercusións orzamentarias, do seu financiamento e da tramitación que proceda para estas.
- Así mesmo, levará a cabo a análise e supervisión das aplicacións informáticas utilizadas para a elaboración dos orzamentos e para a instrumentación e o seguimento das modificacións orzamentarias e informará a Subdirección Xeral de Planificación sobre as variacións dos indicadores de cumprimento de obxectivos dimanantes das modificacións orzamentarias autorizadas.
- A suplencia do titular da Dirección Xeral nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.
Fernando Jácome Reboredo
Subdirector/a xeral
981 54 51 26
981 54 51 94