Volver ao contido

Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Presentación

É o órgano ao que corresponde realizar estudos e actuacións relativas á determinación dos recurso económicos que deben transferirse á comunidade Autónoma e da elaboración do seu proxecto de orzamentos xerais, desenvolvendo as competencias que, en materia orzamentaria, corresponden á Consellería de Facenda e Administración Pública.

Gráfica da estrutura

  • Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico
    • Subdirección Xeral de Orzamentos
      • Servizo de Programas Orzamentarios Xerais e do FCI
      • Servizo de Programas Orzamentarios en Materia Sanitaria
      • Servizo de Programas Orzamentarios en Materia de Emprego e Social
    • Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria
      • Servizo de Análise Orzamentaria e Xestión de Recursos
      • Servizo de Normativa Orzamentaria e Sistemas de Financiamento
      • Servizo de Taxas e Prezos
    • Subdirección Xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto
      • Servizo de Seguimento de Políticas de Gasto
      • Servizo de Análise e Coordinación de Políticas de Axudas
    • Subdirección Xeral de Custos de Persoal
      • Servizo de Custos de Persoal
      • Servizo de custos de Persoal dos Servizos Competentes en Materia de Saúde
    • Subdirección Xeral de Planificación
      • Servizo de Metodoloxía e Seguimento
      • Servizo de Avaliación e Análises

Competencias:

  • Realización de estudos e actuacións relativos á determinación dos recursos económicos que deben ser transferidos á Comunidade Autónoma desde os orzamentos doutras administracións públicas, agás os que este decreto lles asigne a outros centros directivos.
  • A formulación e seguimento dos obxectivos da política orzamentaria, a realización dos estudos relacionados coas ditas actuacións e a elaboración dos criterios para a súa aplicación. A definición das directrices que deban seguirse na elaboración dos escenarios orzamentarios e na evolución das políticas orzamentarias de gasto público que neles se integran. A formulación da normativa e das instrucións precisas para a elaboración anual dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • Elaboración dos marcos financeiros plurianuais en que haberá de enmarcar a elaboración dos orzamentos anuais, a través dos cales se garantirá unha programación orzamentaria coherente cos obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública.
  • Coordinación permanente do desenvolvemento do proceso orzamentario, tanto no momento da elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma como nos períodos anteriores e posteriores, velando pola efectividade da execución das distintas fases do antedito proceso e por que estas se desenvolvan dentro dos prazos previstos. Desenvolvemento das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Facenda e Administración Pública en materia orzamentaria.
  • A preparación dos estudos que informan as decisións dos escenarios de ingresos. Partindo destas decisións, a proposta do límite de gasto non financeiro e a elaboración do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma con base nas dotacións propostas polos centros xestores, axustadas ao límite de gasto aprobado e ás directrices formuladas nas comisións funcionais do gasto.
  • Análise económico-financeira da evolución orzamentaria na súa vertente de ingresos e gastos; se é o caso, poderá propor aquelas medidas que se consideren convenientes para o necesario equilibrio orzamentario.
  • O exercicio das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Facenda e Administración Pública en materia de retribucións do persoal, aprobación e modificación de anexos de persoal, autorización de masa salarial en convenios e acordos colectivos e, en xeral, en todas aquelas materias relacionadas con decisións sobre o persoal que teñan repercusión económica.
  • A xestión do Fondo de Cooperación Local.
  • Polo que se refire aos xestores das políticas de gasto sanitario, sen prexuízo das competencias xerais incluídas nos puntos precedentes, correspóndelle a este centro directivo:
    • Establecer os criterios que se deben seguir en materia de xestión de recursos propios.
    • Coñecer aqueles actos de control, inspección e avaliación da xestión, tanto en centros ou servizos sanitarios propios coma concertados, efectuados pola sección e servizos competentes en materia sanitaria ou por órganos de control interno e externo, que teñan contido económico e que sexan de interese para este centro directivo.
    • Emitir informe sobre os proxectos de novos investimentos e novos servizos en canto á súa incidencia nos gastos recorrentes.
    • Así mesmo, requirirán informe previo da Dirección Xeral o establecemento de concertos de vinculación, revisión de tarifas ou outras modificacións nas condicións económicas dos servizos concertados que impliquen a adquisición de novos compromisos financeiros ou que condicionen a asignación dos recursos económicos para futuros exercicios.
  • As competencias que o Estatuto de autonomía lle atribúe á Comunidade Autónoma en materia de planificación e programación económica. En particular, a avaliación estratéxica e financeira dos plans elaborados no seo do sector público autonómico.
  • A solicitude aos centros xestores de gastos e demais entidades do sector público autonómico de canta información resulte necesaria para o adecuado exercicio das competencias recollidas nos puntos anteriores.
  • A definición e coordinación da formación específica do seu persoal nas materias relacionadas coa política económica e orzamentaria; co contido e estrutura das políticas de gasto público; coas técnicas de previsión económica, orzamentarias e de avaliación de obxectivos e proxectos, e coas demais materias de coñecemento imprescindible para un adecuado exercicio das súas competencias.

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 51 09

Enderezo electrónico
Correo da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico

Arturo  López Iglesias
Director xeral

José Juan  Vázquez Fidalgo
Secretaria do director xeral

981 54 51 10