Descrición das competencias
- O desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións sindicais do persoal da Xunta de Galicia.
- A emisión de informes en materia de persoal laboral da Xunta de Galicia e dos exixidos pola normativa vixente.
- A secretaría e mais o seguimento das negociacións colectivas en materia de persoal.
- A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral.
- A coordinación das eleccións sindicais do persoal funcionario e laboral.
- A colaboración na elaboración de anteproxectos normativos en materia de función pública.
- A xestión do Fondo de Acción Social.
- A xestión do Rexistro dos órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes, e a xestión do rexistro de contratos de alta dirección.
Víctor Manuel
Tubío Villar
Xefe/a do servizo
981 54 52 35