Descrición das competencias
- A dirección, coordinación e xestión do Rexistro de Persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no cal se inscribirá de forma preceptiva a todo o persoal ao seu servizo.
- A dirección, coordinación e xestión do Rexistro de Persoal Directivo.
- A anotación e actualización dos datos que se refiran aos actos que afecten a vida administrativa do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública.
- A xestión informatizada dos distintos procesos da Dirección Xeral.
- O estudo e preparación de informes e estatísticas en materias relacionadas co persoal.
- A vixilancia do cumprimento da normativa vixente sobre tratamento de datos de carácter persoal, con especial referencia ao arquivamento e uso da información recollida no Rexistro Central de Persoal.
- Os estudos e traballos que se lle encomenden.
Antonio
Losada González
Xefe do servizo
981 54 58 44