Descrición das competencias
- A xestión do réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro.
- Mantemento, xestión e custodia dos rexistros de Bens Patrimoniais e de Actividades de Altos Cargos da Xunta de Galicia.
- A cualificación da declaración de actividades e da declaración de bens patrimoniais dos altos cargos da Administración autonómica.
- A vixilancia do cumprimento das obrigacións derivadas da aplicación do artigo 16 do Decreto 205/2008, do 4 de setembro, polo que se regulan os rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos da Administración autonómica.
- A elaboración anual dun informe detallado do cumprimento polos altos cargos das obrigacións de declarar, así como das infraccións cometidas e das sancións impostas. Este informe será enviado ao Consello da Xunta de Galicia para a súa remisión ao Parlamento.
- A tramitación e elaboración das propostas de resolución dos expedientes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
- A emisión dos informes en materia de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Mantemento e xestión do Rexistro de Persoal Eventual nos termos previstos na normativa reguladora do emprego público.
- A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
Yolanda
Otero Escudeiro
Subdirectora Xeral
981 54 52 31