Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

O profesor da Universidade de Salamanca Pedro Nevado Batalla impartirá unha conferencia na EGAP sobre como incrementar a motivación dos empregados públicos

O profesor da Universidade de Salamanca Pedro Nevado Batalla impartirá unha conferencia na EGAP sobre como incrementar a motivación dos empregados públicos

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025.- A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá o venres, 28 de marzo, ás 12:30 horas, a conferencia Motivación e prestixio no servizo público, a cargo do profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca Pedro Nevado-Batalla Moreno. Esta actividade formativa encádrase no ciclo de conferencias titulado Presente e futuro do emprego público na Administración poscovid, organizado pola Escola. 

Os obxectivos da conferencia son fomentar a vocación de servizo, tratando de incentivar aos empregados públicos a desempeñar as súas funcións con compromiso e sentido de responsabilidade social, lembrando o servizo público como un labor esencial para o benestar da cidadanía.

Coa xornada formativa tamén preténdese resaltar a importancia do prestixio institucional, analizando o impacto da reputación e o recoñecemento do servizo público. Ademais, buscarase incrementar a motivación dos empregados públicos, fomentando o liderado, a proactividade e a satisfación do servizo prestado como elementos fundamentais para o desempeño eficiente da súa función. 

Asimesmo, Pedro Nevado-Batalla desenvolverá diversas estratexias para mellorar a produtividade, a eficiencia e a calidade do servizo nas institucións públicas e destacará a relevancia da ética e a integridade na xestión pública, incentivando a interiorización de principios que contribúan a mellorar a fortaleza das institucións.