O Consello da Xunta aproba a Oferta de Emprego Público da CRTVG con 19 prazas

- Destas prazas, 10 pertencen á quenda xeral e outras 9 resérvanse para promoción interna
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024.- O Consello da Xunta do día 2 de decembro autorizará a oferta de emprego público (OEP) da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) pola que se convocarán 19 prazas, 10 da quenda xeral e 9 de promoción interna.
As 9 prazas de promoción interna, que serán obxecto de convocatoria separada, están destinadas a empregados e empregadas públicas que xa teñen un posto fixo na Administración.
En canto ás prazas de acceso libre, a previsión é ofertar 2 prazas de técnico/a de administración (nivel 3); 1 praza de reporteiro/a gráfico/a (nivel 4); 1 praza de técnico/a de control (nivel 4); 3 prazas de axudante de realización (nivel 5); 1 praza de técnico/a de son (nivel 5); 1 praza de técnico/a de iluminación (nivel 5) e 1 praza de oficial administrativo/a (nivel 7).
No que se refire ás prazas de promoción interna, ofertaranse 1 praza de produtor/a (nivel 1); 2 prazas de realizador/a (nivel 1); 2 prazas de redactor/a (nivel 1); 1 praza de técnico/a de sistemas (nivel 3); 1 praza de reporteiro/a gráfico/a (nivel 4); 1 praza de técnico/a de control (nivel 4) e 1 praza de técnico de son (nivel 5).