Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

Miguel Corgos explica ao alumnado de primaria a importancia de pagar impostos para contar cuns servizos públicos de calidade

Miguel Corgos explica ao alumnado de primaria a importancia de pagar impostos para contar cuns servizos públicos de calidade

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública deu unha charla de educación cívico tributaria aos estudantes do CEIP Campomaior de Ordes 
  • O obxectivo é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal desde idades temperás

Ordes (A Coruña), 13 de novembro de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública e presidente da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), Miguel Corgos explicou hoxe ao alumnado de primaria do CEIP Campomaoir de Ordes a correlación entre o pagamento dos impostos e o funcionamento dos servizos públicos. Acompañado da directora da Atriga, Sonia Lafont, Corgos impartiu unha charla formativa de educación cívico-tributaria. 

O obxectivo desta acción formativa é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e fomentar a conciencia fiscal colectiva da cidadanía desde idades temperás: explicándolles para que serven os impostos, que é a fraude fiscal, as súas consecuencias e a importancia de evitalo. 

Vídeo
Durante as charlas proxectouse un vídeo para explicar que son e para que serven os impostos, os distintos tipos, que é a fraude fiscal e a importancia de evitalo para poder contar con todos os servizos públicos que a sociedade precisa para o seu bo funcionamento. Ao remate do mesmo, fixéronse unha serie de preguntas con distintas opcións para valorar a aprendizaxe na sesión. 

Na páxina web da Atriga hai un espazo dedicado a pedagoxía tributaria no que se indica o enderezo electrónico a través do que os colexios poderán solicitar a súa participación no programa e na que tamén se pode ver o vídeo.