Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

Catro de cada cinco empresas tecnolóxicas de Galicia utilizan software libre

Catro de cada cinco empresas tecnolóxicas de Galicia utilizan software libre

  • Máis da metade das empresas tecnolóxicas declaran que adoitan usar máis este tipo de produtos que os de uso privativo
  • O 47,3% das empresas tecnolóxicas que venden aplicacións ofertaron software libre en 2023
  • Os produtos máis ofertados en software libre son para a xestión de contidos de páxinas web e marketing dixital, aplicacións para dispositivos móbiles e xestión de negocio

Santiago de Compostela, 7 de marzo 2025.- Un 84,6% das empresas TIC galegas dispoñen de software libre instalado nos seus equipos, tanto ordenadores persoais como servidores, segundo os resultados do informe que hoxe publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), referido a datos de 2023.

O informe do Observatorio, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, destaca que os produtos de software que máis habitualmente ofertan as empresas TIC de Galicia son os de xestión de negocio; sistemas de virtualización, servidores e aplicacións na nube; e xestión de contidos, páxinas web, e marketing dixital.

Cerca da metade das empresas que venden software en Galicia (un 47,3%) ofrecen solucións libres.

En canto aos produtos de software libre, os máis ofertados son para a xestión de contidos de páxinas web e marketing dixital, aplicacións para dispositivos móbiles e xestión de negocio.

No caso das ferramentas de aprendizaxe on-line (e-learning,) hai máis empresas que ofrecen solucións libres ca privativas.

Debilidades e fortalezas do Software Libre
As razóns polas que as empresas afirman non contar con máis software libre son principalmente a percepción de que “non ofrecen as prestacións necesarias” (36,5%), seguido da opinión da “falta de provedores ou soporte” (32,4%). O principal motivo polo que as empresas non ofrecen produtos baseado en solucións libres é que non está na liña de negocio da empresa. A maioría das persoas usuarias perciben a o custe do software libre como principal vantaxe.

Os datos deste informe pódense consultar na seguinte ligazón: www.osimga.gal.