Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

A Xunta reserva case 5 M€ para identificar casos nos que o Big Data e a intelixencia artificial melloren a eficacia da administración

A Xunta reserva case 5 M€ para identificar casos nos que o Big Data e a intelixencia artificial melloren a eficacia da administración

  • O acordo aprobado hoxe polo Consello permitirá optimizar a dispoñibilidade, explotación e accesibilidade dos datos para que a tecnoloxía axude a dar un mellor servizo á cidadanía
  • O contrato inclúe o desenvolvemento de novas ferramentas e técnicas de análise preditiva e prescritiva dos datos para identificar e aplicar as decisións máis eficaces
  • Permitirá a posta en marcha de casos de uso nos que a analítica avanzada de datos mellore a calidade das decisións e do deseño de políticas públicas da Administración

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025.- O Consello de Goberno autorizou hoxe a contratación dun servizo para identificar aqueles aspectos nos que o uso de tecnoloxías como o Big Data ou a intelixencia artificial para a xestión dos datos pode mellorar a eficacia da Administración e os servizos públicos de Galicia.

Trátase de adaptar e optimizar as posibilidades de dispoñibilidade, explotación e accesibilidade dos datos xerados pola Administración ou por terceiros. A analítica avanzada permite coñecer como se están a utilizar os datos na actualidade, facer predicións (analítica preditiva) e identificar procedementos máis eficaces (analítica prescritiva).

O contrato permitirá incorporar casos analíticos tanto de ámbito sectorial como de carácter transversal para poder aproveitar as potencialidades destas tecnoloxías nos diferentes servizos públicos e no propio funcionamento e eficacia da Administración.

Os casos de uso concretos serán incorporados durante o período de vixencia do contrato. Para facelo, haberá un orzamento estimado de ata 4,8 millóns de euros en catro anos.

As tecnoloxías de Big Data e intelixencia artificial permiten mellorar a eficacia das tramitacións administrativas e dos servizos públicos porque simplifican os procesos, aforran tempo, garanten a calidade e fiabilidade e proporcionan unha atención máis personalizada á cidadanía.

A xestión avanzada dos datos resolve as dificultades que presenta unha situación de partida de fragmentación, dispersión en sistemas illados, datos non normalizados ou con linguaxe, natureza ou formatos diferentes.